Concello de Narón
Novas
AS PISCINAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA REABRIRON PARA AS SESIÓNS DE BAÑO LIBRE
O vaso grande e a piscina terapéutica permaneceron pechadas desde o 21 de xullo para realizar, como é habitual cada ano, tarefas de limpeza e mantemento
Narón, 15 de setembro de 2017. O concelleiro de Deportes, Román Romero, informou da reapertura das piscinas municipais do pavillón da Gándara, tanto o vaso grande como a terapéutica. As instalacións permaneceron pechadas ao público dende o pasado 21 de xullo para realizar, como é habitual cada ano durante parte da tempada estival, tarefas de limpeza e mantemento, se ben a partir de hoxe pódense utilizar para o baño libre, tal e como explicou o edil naronés. Os horarios de apertura son de luns a venres, de 8.00 a 13.15 horas e desde as 15.15 ata as 23.00, e os sábados e domingos o horario é ininterrompido, de 8.30 a 20.30. As sesións de baño teñen unha duración de 45 minutos e pódese retirar a entrada ata dez minutos antes da hora, na entrada do pavillón polideportivo da Gándara. Así mesmo, o concelleiro de Deportes recordou que o día 1 de outubro comezarán a funcionar todas as Escolas Deportivas Municipais.
www.naron.es