Concello de Narón
Novas
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO "XX TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN"
O evento, organizado polo Concello e o Club de Remo Narón, terá lugar o día 23 de setembro na enseada da Gándara
Narón, 19 de setembro de 2017. O Club de Remo Narón e o Concello organizan o “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón”. A cita, presentada hoxe polo edil de Deportes, Román Romero, e o presidente do citado clube, Ignacio Cabana, terá lugar o sábado 23 de setembro na enseada da Gándara. O edil naronés recordou que o trofeo convocouse agora tras ter que anulala o pasado mes de marzo debido ao temporal, e facéndoo así coincidir cunha data que se adaptase á maioría dos clubes. Ás 16.30 horas terá lugar unha exhibición de ximnasia, a cargo do Club Ximnasia Ferrolterra, (nas inmediacións das instalacións do clube de remo naronés) e a partir das 18.30 dará comezo a regata de bateis, na que ademais do Club de Remo Narón participarán outros procedentes da comarca, tal e como avanzou Cabana. Aqueles que desexen inscribirse poden aínda facelo –ata o venres día 22- a través do correo electrónico: remonaron@hotmail.com ou chamando ao número de teléfono 685 168 135 (Ignacio). O percorrido, pola enseada da Gándara, será de 500 metros nas categorías Alevín e Infantil; de 1.500 no caso da de Cadetes e de 2.000 para os Senior. O presidente do Club de Remo Narón agradeceu a colaboración do Concello, mentres que pola súa parte, o edil de Deportes destacou o traballo que realiza o clube na cidade e animou a outros clubes de remo a que participen neste trofeo e á veciñanza en xeral a acudir á convocatoria, “para gozar dunha xornada de deporte na zona da Gándara e apoiar así aos remeiros e remeiras que participarán este ano no evento”.
Descarga de archivos
Cartel
Tamaño:646,08 KB
www.naron.es