Concello de Narón
Novas
MÁIS DE DOUSCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "XXV TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN. XV MEMORIAL JAVIER LAGO"
O edil de Deportes, Román Romero, recordou que esta competición organizada coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón terá lugar o 25 de novembro na Gándara
Narón, 22 de novembro de 2017. Un total de dezaséis clubes participarán este sábado, día 25, no “XXV Trofeo de Natación Cidade de Narón. XV Memorial Javier Lago”. O edil de Deportes, Román Romero, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron hoxe o programa deste evento deportivo, que comezará ás 17.30 horas no Complexo polideportivo da Gándara. En total daranse cita neste torneo máis de douscentos deportistas, tal e como indicou o concelleiro de Deportes. Disputarase durante a xornada todo o calendario oficial de probas individuais para finalizar coa substitución de 4x50 libres mixto, según explicou o presidente da AD Náutico de Narón, que agradeceu a colaboración do Concello para organizar un ano máis esta competición. Este ano participan nesta competición, ademais da AD Náutico de Narón os nlubes de natación Villa de Navia, Avilés e Santa Olaya (os tres de Asturias); O Clube de Natación Xove; o Ciudad de Santiago, CN Arteixo; o CN Cedeira, a AD Fogar; o CN Ferrol; o RCN Rías Baixas; o Club Marina Ferrol; o CN Redondela; o RC Náutico de Vigo; o CN Galaico e o CN Riveira. O presidente da AD Náutico de Narón apuntou que entre os nadadores máis destacados para a clasificación individual, o “XV Memorial Javier Lago”, atópanse Nerea López e Elena Masa, do Clube de Natación Ferrol; Raquel Fernández, exintegrante da AD Náutico Narón e que nesta tempada compite nun clube de Santiago; Noelia Gómez, de Arteixo ou a asturiana Raquel Pérez, do Villa de Navia, na categoría feminina. No que respecta á masculina están entre os favoritos, según apuntou Guerrero, Enol Valdés (Xove); Berto Pérez, Héctor Padín e Roi Freire (Narón), Igor Arce (Santiago) ou Jorge González (Riveira). O concelleiro de Deportes, Román Romero, convidou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a presenciar este evento deportivo, con entrada de balde, e no que se poderá ver o elevado nivel dos deportistas do clube naronés e tamén do resto de participantes. O edil destacou ademais o feito de que o clube naronés estea a piques de alcanzar os 300 integrantes, contando a día de hoxe con 296.
www.naron.es