Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, explicou que a convocatoria consistirá nunha caminata desde o antigo Concello de Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, donde terá lugar un xantar de confraternidade
Narón, 4 de xuño de 2018. O programa municipal Ponte en ruta con nós rematará o vindeiro 1 de xullo, cunha última andaina que, como vén sendo habitual neste evento, se pechará cunha churrascada na área recreativa de Pedroso. As persoas que desexen asistir poden inscribirse desde hoxe, e ata o vindeiro 21 de xuño nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00 horas, tal e como recordou o concelleiro de Deportes, Román Romero. O prezo é de 15 euros para adultos e 7 para menores de ata 12 anos e inclúe o seguro de participante, o traslado en autobús e o xantar, a base de churrasco, paella, café e postre.
Os camiñantes sairán a pé das inmediacións da antiga Casa do Concello, en Xuvia, ás 11.00 horas, e desprazaranse ata a área recreativa de Pedroso percorrendo a marxe do río Xuvia. Unha vez alí, asistirán a un xantar de confraternización. Desde a organización informouse de que ás 10.30 horas sairá un bus desde a área recreativa de Pedroso para aquelas persoas que queiran deixar alí a primeira hora os seus vehículos e realizar o percorrido, polo que o bus os levará ata o antigo Concello, en Xuvia, para sumarse ao grupo da camiñata. O percorrido de volta correrá a cargo dos participantes.
Román Romero animou ás veciñas e veciños interesados en participar a anotarse nesta última andaina do programa, “para desfrutar dunha nova camiñata polo municipio naronés e celebrar conxuntamente cun xantar de confraternidade o éxito desta nova edición do programa municipal, no que ano tras ano se inscriben máis persoas, non só de Narón, senón tamén doutros concellos da zona, para coñecer o patrimonio da comarca”.



Últimas noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
AS INMEDIACIÓNS DO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁN ESTA FIN DE SEMANA O TRISHARK 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal