Concello de Narón
Novas
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA ANDAINA QUE PECHARÁ O PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que a cita será o vindeiro 1 de xullo e que rematará cun xantar de confraternidade na área recreativa de Pedroso
Narón, 19 de xuño de 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que as persoas interesadas en asistir á última andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” están aínda a tempo de anotarse. A cita será o 2 de xullo, e consistirá nunha camiñata que partirá ás 11.00 horas das inmediacións do antigo Concello, en Xuvia, cara á área recreativa de Pedroso, donde terá lugar un xantar de confraternidade. O prezo por participante é de 15 euros, que inclúe o pago do correspondente seguro e tamén un menú que se servirá na área recreativa de Pedroso, a base de churrasco, paella, café e postre. Aquelas persoas que queiran deixar o seu vehículo na área recreativa de Pedroso e participar na andaina poderán utilizar o servizo de autobús que sairá ás 10.35 da área recreativa cara ao antigo Concello de Xuvia, para iniciar o camiño a pé ata Pedroso. O programa está dirixido a maiores de 18 anos, se ben os menores poden acudir acompañados do seu pai/nai ou un titor/a. As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves, en horario de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. O programa “Ponte en ruta con nós” iniciouse o pasado mes de outubro do pasado ano e incluíu nesta convocatoria un total de oito saídas por varios espazos de Narón e tamén doutras localidades da comarca.
www.naron.es