Novas
 
MÁIS DE 230 CICLISTAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA IV BTT CIDADE DE NARÓN ORGANIZADA POLO CLUBE MTB ESKORNABOIS E O CONCELLO
Os participantes sairán ás 9.30 horas das inmediacións do Centro Comercial Odeón para realizar un percorrido de 42 ou 32 quilómetros, en función da ruta elixida
Narón, 6 de setembro de 2018. Un total de 238 personas inscribíronse na ruta cicloturista que terá lugar este domingo na cidade. A cuarta edición da BTT Cidade de Narón organizada polo clube MTB EskornaBois e o Concello comezará ás 9.30 horas, con saída das inmediacións do Centro Comercial Odeón e rematará no pavillón polideportivo da Gándara, donde está previsto que cheguen os primeiros participantes sobre as 11.30. O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou a convocatoria acompañado por Daniel Martínez, presidente do clube, José Luis Fernández, secretario, e Begoña Espina e Luis Rodríguez, socios da citada entidade deportiva.
Os representantes do MTB Eskornabois destacaron a participación nesta proba dun total de doce mulleres, calificando a cifra como “alentadora con respecto a outros anos e difícil de acadar neste tipo de eventos deportivos”. Os ciclistas realizarán unha das dúas rutas deseñadas para a ocasión, unha longa, de 42 quilómetros, e outra máis curta, de 32. O trazado discorrerá polas inmediacións do mosteiro do Couto, por tramos do camiño de Santiago e San Andrés, e do muíño das Aceñas, entre outros puntos da cidade.
O presidente do clube agradeceu o traballo realizado pola organización para poder convocar un ano máis esta ruta cicloturista e o respaldo do Concello, “sen o que sería imposible realizar este evento”, asegurou, así como o de patrocinadores e colaboradores.
O concelleiro de Deportes, Román Romero, destacou o éxito desta convocatoria, que alcanza este ano a súa cuarta edición cunha importante cifra de participación e felicitou ao Club MTB Eskornabois polo traballo realizado en canto á organización do mesmo. Romero animou tamén aos participantes e ao público a desfrutar deste evento deportivo.



Últimas noticias
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN
ALCIA FERNÁNDEZ FRAGA, PREMIADA COMO MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN DO ANO 2018
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL PONTE EN RUTA CON NÓS
O CONCELLO COLABORA NO "I OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DEPORNADAL 2018

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal