Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DA CARREIRA CIDADE DE NARÓN 7-14-21
A convocatoria terá lugar o 4 de novembro e as persoas interesadas poden inscribirse a través da web: www.carreirasgalegas.com
Narón, 11 de outubro de 2018. O Concello de Narón baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo organiza o domingo 4 de novembro a súa primeira Carreira 7-14-21, incluída dentro das actividades do Programa 100.000 motivos de peso, que se ven desenvolvendo dende hai meses.
A carreira desenvolverase nun circuíto urbano de 7 quilómetros ao que se poderán dar ata tres voltas, dependendo da modalidade, de aí o nome de 7-14-21.
O Concelleiro de Deportes, Román Romero, indicou que este modelo de carreira, recoñecido como oficial pola Federación Galega de Atletismo, non é moi coñecido na nosa bisbarra, polo que a proba nace con intención de se consolidar dentro do calendario deportivo de Narón.
A inscripción na carreira, tanto para persoas federadas como para o público en xeral poden facerse antes do día 1 de novembro a través de facebook ou na páxina web www.carreirasgalegas.com, donde tamén se pode atopar toda a información sobre a mesma.
Por último, o Concelleiro de Deportes animou a toda a veciñanza a participar nesta actividade e agradeceu a colaboración dos patrocinadores así como da Federación Galega de Atletismo.



Últimas noticias
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES
A ALCALDESA ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE KÁRATE DE NARÓN, A ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA E O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON OITO ENTIDADES DEPORTIVAS POR UN IMPORTE GLOBAL DE 191.000 EUROS
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O SÁBADO O XV TROFEO DE TIRO CON ARCO EN SALA
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal