Novas
 
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES
Os edís de Deportes e Igualdade, Román Romero e Teresa Sabio, presentaron a convocatoria xunto co profesor da Escola Superior de Kárate de Narón, Gustavo Vázquez
Narón, 18 de outubro de 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, anunciou xunto coa edil de Igualdade, Teresa Sabio, e o profesor da Escola Superior de Kárate de Narón, Gustavo Vázquez, a próxima celebración, no mes de novembro, de talleres de autodefensa dirixidos a mulleres. As participantes deben ter cumpridos os 15 anos e hai un total de vinte prazas por curso, tal e como apuntou o edil, que explicou que se encargarán de impartir as sesións monitores da Escola Superior de Kárate de Narón. A iniciativa enmárcase no II Plan Municipal de Igualdade de Narón e as inscricións son de balde.
Os talleres terán lugar os venres 9, 16, 23 e 30 do vindeiro mes, en dous horarios cada xornada, de 18.00 a 19.30 e de 19.30 a 21.00 horas, nas instalacións do colexio Santiago Apóstol de Narón (rúa Ferrol, s/n), na Gándara. As alumnas adquirirán unha serie de cońecementos sobre esta disciplina, o kárate, que son básicos na autodefensa, polo que os concelleiros de Deportes e Igualdade animaron ás vecińas da cidade –terán preferencia as empadroadas en Narón- a inscribirse para adquirir esa formación “que lles será moi útil no caso de ter que afrontar determinadas situacións de risco que poidan xurdir na súa vida”.
O prazo de incrición nesta convocatoria, tal e como avanzou Romero, comezará mańá venres, e permanecerá aberto ata o 31 de outubro nas oficinas do Servizo de Deportes, no complexo polideportivo municipal da Gándara.



Últimas noticias
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES
A ALCALDESA ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE KÁRATE DE NARÓN, A ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA E O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON OITO ENTIDADES DEPORTIVAS POR UN IMPORTE GLOBAL DE 191.000 EUROS
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O SÁBADO O XV TROFEO DE TIRO CON ARCO EN SALA
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal