Novas
 
O SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA FORMAR UN TERCEIRO GRUPO DE PILATES
As persoas interesadas en asistir ás clases deben anotarse no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 17 de xaneiro de 2019. O concelleiro de Deportes, Román Romero, anunciou a previsión do Servizo Municipal de Deportes de formar un novo grupo de Pilates, que se reuniría os luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara. O edil explicou que para poder constituír un novo curso, que se sumaría aos dous existentes en horario de tarde –os martes e xoves-, é preciso que se anoten un mínimo de oito persoas. Para preinscribirse é preciso dirixirse ao Servizo Municipal de Deportes, no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00. O prezo desta actividade é de 17,35 euros ao mes, se ben os pensionistas abonarán 12,15 euros.
Así mesmo, Romero recordou que aínda quedan algunhas prazas vacantes nas sesións de Matronatación, que teñen lugar os luns, mércores e venres de 10.15 a 11.00 e tamén en horario de tarde, de 21.30 a 22.15. O prezo desta actividade é de 38,50 euros ao mes. As persoas que desexen acudir ás clases de Natación para adultos tamén dispoñen dalgunhas prazas vacantes para asistir os martes e xoves, de 21.30 a 22.15 ou de 22.15 a 23.00 horas, abonando 29,15 euros ao mes ou 20,05, neste último caso se poden acollerse ás tarifas reducidas.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA COA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL E A SDCR NARÓN-O FREIXO NA ORGANIZACIÓN DUN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA
O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
DEPORTISTAS DE QUINCE EQUIPOS GALEGOS PARTICIPÁRÁN NO XXII TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS ASISTIRON A UNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CAMPO DE SINDE ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "IV TORNEO FEMININO DE FÚTBOL CONCELLO DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal