Novas
 
DEPORTISTAS DE QUINCE EQUIPOS GALEGOS PARTICIPÁRÁN NO XXII TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN
O Club de Remo Narón organiza en colaboración co Concello este evento, que terá lugar mañá pola tarde na enseada da Gándara
Narón, 22 de marzo de 2019. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e Juan Ignacio Cabana, directivo do Club de Remo Narón, presentaron esta mañá a vixésimo segunda edición do Trofeo de Bateis Cidade de Narón, organizado polo Club de Remo Narón en colaboración co Concello. A cita deportiva terá lugar mañá sábado, entre as 16.00 e as 20.00 horas na enseada da Gándara, tal e como avanzou o edil naronés. Romero animou ás veciñas e veciños a asistir a esta convocatoria para desfrutar dunha xornada de deporte e lecer na cidade.
Un total de quince equipos galegos participarán neste trofeo, que confía en reunir a uns 350 remeiros, según indicaron desde o clube naronés. A maiores do anfitrión, o Club de Remo Narón, participarán no XXII Trofeo de Bateis Cidade de Narón, tal e como explicou Cabana, a Agrupación Deportiva Esteirana; os Clubes de Remo de Ares, Puebla, Cedeira, Perillo, A Cabana-Ferrol, Rianxo, Cabo de Cruz, Náutico de Boiro, Celeiro, Mera, Náutico de Riveira, Muros e o Club do Mar Mugardos.
Os equipos competirán en tódalas categorías, tanto femininas como masculinas: cadete, xuvenil, absoluta, senior masculino, veteráns e, se as condicións meteorolóxicas o permiten, tamén se disputará a regata de alevíns. As probas discurrirán pola enseada da Gándara, nun campo de regatas de 600 metros de longo e 200 de ancho. Ao remate, sobre as 19.30 horas, entregaranse trofeos aos primeiro, segundo e terceiro clasificado da xeral por clubes.
Juan Ignacio Cabana agradeceu a colaboración do Concello naronés para poder levar a cabo un ano máis na cidade este evento deportivo.
O concelleiro de deportes de Narón destacou a consolidación deste Trofeo de Bateis, que este ano alcalza na cidade a súa vixésimo segunda edición, e tamén o gran número de remeiros e remeiras que reúne ano tras ano este evento, destacando o labor que se realiza desde o clube naronés.



Últimas noticias
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA GÁNDARA ACOLLERÁ O "XXVI TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal