Novas
 
UN TOTAL DE 240 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "TRISHARK NARÓN 2019" QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO EN XUVIA
O desenvolvemento deste evento deportivo implicará cortes de tráfico na estrada de Castela, para os que se habilitarán os pertinentes desvíos, o sábado pola tarde
Narón, 31 de xullo de 2019. A organización do "Trishark Narón 2019" pechou onte as inscricións neste evento deportivo, que se disputará o vindeiro sábado día 3 na zona do paseo marítimo de Xuvia. Participarán nesta edición do evento un total de 240 triatletas chegados da Agrupación Deportiva Náutico Narón e tamén procedentes de diferentes clubes galegos e doutras comunidades. O Concello organiza esta convocatoria, que se desenvolverá en horario de tarde, coa AD Náutico Narón.
A proba popular supersprint marcará o inicio deste evento ás 17.20 horas para, a continuación, disputarse as probas de élite feminina e masculina, con saídas programadas ás 18.30 e 18.45 horas respectivamente. Destacados triatletas de Narón e comarca participarán no evento xunto con outros nacionais e internacionais, como Ana Santiso, Sara Guerrero, Paula Herrero, Nerea García, Aida García ou Natalia Castro, entre as representantes da categoría feminina. No respectivo á masculina, estarán nesta edición do “Trishark Narón” David Castro, Nico Domínguez, Iago Lorenzo, Ignacio Legazpi e Carlos Rodríguez. No “Triskark Narón 2019” tamén participarán por vez primeira nunha proba de élite destas características numerosos deportistas nas categorías infantil e cadete.

Cortes de tráfico
A estrada de Castela, entre a rotonda de Megasa e o cruce coa estrada de San Xiao, permanecerá totalmente pechada á circulación rodada durante o desenvolvemento das probas do "Trishark Narón", polo que os vehículos desviaranse cara a Ferrol pola estrada de San Xiao e cara a Neda pola FE-11. No que respecta a este último vial, a FE-11, entre a rotonda da autovía e a de Megasa –en dirección á estrada de Castela- permanecerá tamén pechada á circulación, ao formar parte do circuíto deste evento deportivo. Estarán tamén pechadas á circulaciónas rúas Marcial Calvo, Xoán XXIII e a Praza do Concello de Xuvia. O prazo estimado dos cortes de circulación nas citadas vías será entre as 17.00 e as 20.00 horas deste sábado.
As restriccións afectarán tamén a outros viais do barrio de Xuvia. Dende as rúas Río do Porto, Río Inxerto, Río Pereiro e Camiño da Revolta poderase circular pola rúa paralela á vía e incorporarse á estrada de Castela por Río Baxoi. No que respecta ás rúas Bailén, Manuel de Cal, Cáceres, Telleiras, FEVE, Garda Civil e Xoán Cangas, os vehículos non se poderán incorporar á estrada de Castela ata que remate a proba ciclista do "Trishark Narón".
Por último, dende as rúas Curros Enríquez, Río Forcadas, Altea, Somozas, Irmandade e Doutor Fleming habilitarase unha saída para casos de urxencia a través das vías Irmandade, Somozas e Foro.


Descarga de archivos
Plan de tráfico "Trishark Narón"Tamaño:
188,69 KB
Descargar
Zona estacionamento "Trishark Narón"Tamaño:
1,31 MB
Descargar


Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU Á TRIATLETA SARA GUERRERO MANSO O PREMIO Á "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2019" NA "XXXI GALA DO DEPORTE"
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO COLABORA NO "I TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal