Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "II OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou esta mañá o evento xunto co deportista paralímpico Álvaro Illobre e Antía Rodríguez, en representación de Predif Galicia
Narón, 4 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes, José Oreona, o deportista paralímpico Álvaro Illobre e Antía Rodríguez, representante de Predif Galicia, presentaron esta mañá no Concello o “II Open de padel en cadeira Cidade de Narón”, que se disputará do 27 ao 29 de setembro nas instalacións do club Padel 6, no polígono de Río do Pozo. O prazo de inscrición permanece aberto, tal e como explicou Oreona, podendo tramitalas ata o día 16 deste mes a través da páxina: http://www.feddf.es.
Oreona destacou a próxima celebración desta segunda edición do "Open de Padel en cadeira Cidade de Narón" na cidade, e recordou que o Concello xa colaborou en dúas edicións anteriores “se ben unha delas non era un campionato federado”. O edil naronés felicitou a Álvaro Illobre pola súa implicación e traxectoria e tamén aos responsables de Predif Galicia pola súa colaboración e aposta por este evento que se desenvolverá na cidade.
Na súa intervención, Illobre valorou tamén o apoio tanto do Concello como de Predif Galicia e de P6 Narón. O evento será igual que o ano anterior en canto ao formato, tal e como indicou, con dous grupos según o ranking, cos postos de arriba continuando en semifinais e finais e os restantes xogando unha consolación. “Este é polo momento o único Open Nacional que hai en Galicia, co que atrae a máis xogadores porque veñen os que queren acadar puntos para o campionato de España e subir postos no ranking”, apuntou o deportista. Os campionatos de pádel nacional comezarán o venres 27 pola tarde e continuarán o sábado todo o día para rematar coa final o domingo 29 ao longo da mañá, según indicou Illobre.
En representación de Predif Galicia, Antía Rodríguez tamén agradeceu o traballo de Álvaro Illobre á fronte da organización e o respaldo do Concello de Narón, desexando que o evento sexa novamente un éxito.
Oreona animou á veciñanza de Narón e doutros concellos da comarca a acudir a ver este Open de padel “para desfrutar da profesionalidade dos deportistas que participan”.



Últimas noticias
O CONCELLEIRO DE DEPORTES DESPRAZOUSE AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO CON MOTIVO DAS OLIMPÍADAS CONFURCO 2019
UN TOTAL DE TRINTA E SEIS EQUIPOS PARTICIPARÁN NO "VI TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL CIDADE DE NARÓN "NARÓN-FREIXO"
O CONCELLO COLABORA CO CLUB NHD ADVENTURE NA ORGANIZACIÓN DA "II QUEDADA NHD ADVENTURE"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "II OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN"
ALGO MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARÁN NO "X CAMPIONATO DE TENIS DE MESA POLA SAÚDE MENTAL"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal