Novas
 
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O "XIV TORNEO DE GOLF CIDADE DE NARÓN"
O edil de Deportes, José Oreona, e o secretario do club, Francisco Alarcón, presentaron hoxe o evento, coincidindo coa apertura do prazo de inscrición
Narón, 28 de outubro de 2019. A décimo cuarta edición do “Torneo de golf Cidade de Narón” celebrarase esta fin de semana, os días 1 e 2 de novembro, nas instalacións do Club de golf Campomar, na parroquia do Val. O concelleiro de Deportes, José Oreona, e o secretario da citada entidade deportiva, Francisco Alarcón, presentaron a convocatoria, para a que abre hoxe o prazo de inscrición. Alarcón explicou que esta cita deportiva está aberta a xogadores federados de diferentes idades, que se poderán inscribir ata o vindeiro xoves, día 31, a través do teléfono 663 123 398; do correo electrónico: gerenciacampomar@gmail.com ou nas propias instalacións do club de golf, no Val.
Durante os dous días as probas disputaranse a partir das 9.00 horas, para retomalas pola tarde, dende as 14.00 horas e trátase dunha categoría única na que se repartirán un total de once premios. Os trofeos serán para o mellor Scratch; do primeiro ao quinto mellor Handicap; o Mellor Aproach buratos 1 e 10 e os mellores xogadores Dama, Senior e Infantil, tal e como indicou Alarcón. O secretario do Club de golf Campomar estima que a participación, ao tratarse dun torneo a nivel autonómico, pode rondar o centenar de persoas.
O secretario do club naronés destacou a colaboración do Concello neste torneo, así como noutras actividades deportivas que se programan ao longo do ano na cidade. Pola súa banda, o edil de Deportes, José Oreona, animou ás persoas que xogan ao golf, e neste caso están federadas, a inscribirse neste evento deportivo, “para poder gozar destes dous días do torneo e optar a algún dos premios que se entregarán aos mellor clasificados”.



Últimas noticias
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O "XIV TORNEO DE GOLF CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARÁN NO "XVI TROFEO DE TIRO CON ARCO CIDADE DE NARÓN"
PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A ´XXVII EDICIÓN DO TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN´
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal