Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A iniciativa diríxese a menores de entre 11 e 15 anos que dispoñen ata o vindeiro 4 de decembro para formalizar a inscrición no Concello
Narón, 18 de novembro de 2019. O edil de Deportes, José Oreona, recordou que está aberto ata o vindeiro 4 de decembro o prazo para anotarse na “Campaña de inverno 2020” promovida pola Deputación da Coruña. A administración provincial oferta trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas de 11 a 15 anos (ambas idades incluídas), que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas web: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dacoruna.gal- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello acompañada pola documentación requerida para formalizar a citada inscrición. Os menores de Narón acudirán á cuarta quenda, que terá lugar entre os días 14 e 17 de febreiro. Durante eses días permanecerán aloxados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Terán preferencia á hora de participar os nenos e nenas que non foron a ningunha das anteriores campañas da neve da Deputación, tal e como figura nas bases. O sorteo das prazas realizarase dende o día 5 de decembro ata o 16 do citado mes. A cota que aboarán os participantes é de 85 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña. A través desta iniciativa apóstase por fomentar a práctica do esquí entre os rapaces e rapazas das idades ás que se dirixe esta iniciativa.
www.naron.es