Concello de Narón
Novas
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS SESIÓNS DE IOGA E PILATES ORGANIZADAS POLO CONCELLO NO PASEO DE XUVIA
O Concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que as convocadas en Freixeiro xa esgotaron as prazas disponibles e informou sobre a existencia das últimas vacantes en Xuvia
Narón, 23 de xuño de 2020. O Concello manterá aberto ata o vindeiro xoves, día 25, o prazo para inscribirse nas actividades de ioga e pilates programadas ao aire libre, coas últimas vacantes para as que se desenvolverán no paseo de Xuvia. O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que as sesións se impartirán nos meses de xullo e agosto e indicou que para anotarse é preciso chamar aos números de teléfono 981 337 700 (ext.: 2503) ou 981 111 025 (ext.:7), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30. Estas clases de ioga e pilates están pensadas para persoas maiores de 16 anos e desenvolveranse tamén no parque de Freixeiro, nas mesmas datas, donde xa se esgotaron as prazas dispoñibles –quince por cada unha das convocatorias-. No caso de Xuvia, as sesións terán lugar de luns a xoves entre as 10.00 e as 11.00 horas, celebrándose as de pilates os martes e xoves e as de ioga os luns e mércores. O prezo das actividades é de 11,10 euros ao mes para ioga e de 17,35 para pilates, se ben as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas pagarán 12,15 euros ao mes polas clases de pilates. Os participantes deberán aportar o material preciso para as actividades (colchoneta, esterilla, toalla…) que, en caso de choiva se realizarán no complexo polideportivo da Gándara.
www.naron.es