Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA QUE CLUBS E ENTIDADES SOLICITEN O USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que as solicitudes poderán tramitarse ata o vindeiro 7 de agosto
Narón, 10 de xullo de 2020. Os clubs e entidades deportivas interesados en utilizar na tempada 2020-2021 as instalacións deportivas municipais (pistas de pavillóns, campos de fútbol, ximnasio do Complexo polideportivo da Gándara…) deberán presentar as solicitudes de uso a partir do vindeiro luns, día 13, e ata o 7 de agosto. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que recordou que o modelo a presentar se pode descargar da páxina web do Padroado de Deportes, a través do enlace: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/docs/modelo-solicitud-instalacions-deportivas-modif.pdf. Este modelo, unha vez cumplimentado, deberá acompañarse dunha solicitude xenérica e presentalo no Rexistro Municipal do Concello ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón.
O edil naronés indicou que é preciso presentar unha solicitude de uso por cada unha das instalacións municipais que se pretendan utilizar, no caso de que sexan máis dunha. Oreona recalcou que para entregar a documentación a través do Rexistro do Concello é preciso concertar unha cita previamente, chamando ao número de teléfono 981 111 025 (extensión 3).



Últimas noticias
O PADROADO DE DEPORTES HABILITARÁ UN PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA LISTAXE PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS
O CONCELLO COLABORA CON ASOTRAME NA INICIATIVA "LA CARRERA QUE NUNCA PARA: KILÓMETROS DE VIDA"
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal