Concello de Narón
Novas
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA NÁUTICO DE NARÓN
Marián Ferreiro e Amando Guerrero asinaron o documento que permitirá manter as actividades de natación, natación sincronizada e triatlón
Narón, 13 de novembro de 2020. A alcaldesa asinou xunto co presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, un convenio de colaboración por importe de 30.000 euros. En base a este acordo manteranse as actividades de natación, natación sincronizada e triatlón e tamén se continuarán coordinando e promocionando actividades vencelladas ás mesmas. O club potenciará a práctica da natación e triatlón dende as categorías base ata a senior e no caso da natación sincronizada dende base I a base IV, encargándose de realizalas, coordinalas, promocionalas e desenvolvelas. Ferreiro asegurou que “a promoción do deporte é unha das áreas nas que se centra o traballo do goberno local, potenciando este tipo de actividades e respaldando aos clubes locais que as desenvolven ao longo do ano”. No caso da Agrupación Deportiva Náutico de Narón a alcaldesa destacou os éxitos acadados polos deportistas en diferentes campionatos tanto na cidade como noutros concellos de dentro e fóra de Galicia e desexoulles moita sorte na actual tempada.
www.naron.es