Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES MODIFICARÁ OS HORARIOS DE NADO LIBRE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA A PARTIR DO 4 DE XANEIRO
O edil de Deportes, José Oreona, anunciou que tamén se reabrirá o vaso grande para os cursos de natación terapéutica
Narón, 29 de decembro de 2020. O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou que a partir do vindeiro luns, 4 de xaneiro, se modificarán os horarios de nado libre establecidos de luns a venres en horario de mañá. O edil explicou que as sesións comezarán ás 7.45 horas, en lugar de ás 8.15, como está sendo na actualidade, e a maiores de luns a venres tamén se habilitan sesións de 13.15 a 14.00 horas, ampliando así o horario que ata o momento tan só estaba dispoñible nas xornadas dos mércores. Os horarios para nado libre a partir do día 4 serán polas mañás de 7.45 a 8.30; de 8.30 a 9.15; de 9.15 a 10.00; de 10.00 a 10.45; de 11.00 a 11.45; de 11.45 a 12.30; de 12.30 a 13.15 e de 13.15 a 14.00. Así mesmo, os luns mércores e venres serán polas tardes de 15.15 a 16.00 e de 21.30 a 22.15 e nas xornadas dos martes e xoves pola tarde de 15.15 a 16.00; de 16.00 a 16.45 e de 21.30 a 22.15 horas. Así mesmo, tamén o luns día 4 se retomarán as sesións de natación terapéutica no vaso grande, medida que se comunica previamente por teléfono ás persoas que acudían habitualmente por se están interesadas en asistir, tal e como apuntou o edil. Finalmente Oreona indicou que as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara pecharán a partir do vindeiro luns ás 23.00 horas, en lugar de ás 00.00 como era ata agora, e a excepción dos luns, que o peche se fixou ás 23.30 horas.
www.naron.es