Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES SUSPENDE A ACTIVIDADE DAS ESCOLAS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro responsable da área, José Oreona, indicou que dende onte tan só poden utilizar as instalacións clubs que participan en competicións nacionais
Narón, 28 de xaneiro de 2021. O Padroado de Deportes suspendeu inicialmente ata o 17 de febreiro a actividade das Escolas Deportivas Municipais e tamén as sesións de nado libre coincidindo coa entrada en vigor, onte, das novas medidas restrictivas de prevención da Covid-19. Na actualidade, tal e como indicou o edil de Deportes, José Oreona, tan só poden facer uso das instalacións deportivas municipais, entre elas o Complexo Polideportivo Municipal da Gándara aqueles clubs que participan en competicións a nivel nacional, tal e como estipula a normativa. Tanto as clases das Escolas como o nado libre retomaranse en canto o permita a situación sanitaria, segundo se indicou dende o Padroado de Deportes.
www.naron.es