Concello de Narón
Novas
SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COMPLEXO DA GÁNDARA MAÑÁ E O MÉRCORES DEBIDO Á FOLGA DO SECTOR DA LIMPEZA
O concelleiro de Deportes, José Oreona, solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar ás usuarias e usuarios das instalacións
Narón, 10 de maio de 2021. O Padroado de Deportes de Narón suspenderá as actividades deportivas programadas no complexo polideportivo municipal da Gándara mañá e o mércores debido á folga que secundará o persoal do sector da limpeza convocada a nivel provincial para estas dúas xornadas co fin de denunciar o bloqueo nas negociacións do convenio laboral. O concelleiro de Deportes, José Oreona, solicitou de antemán desculpas ás usuarias e usuarios das instalacións polas molestias que esta medida poida ocasionar.
www.naron.es