Novas
 
OS PAVILLÓNS DAS LAGOAS E A SOLAINA ACOLLERÁN O VINDEIRO LUNS AS FASES FINAIS DO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE ALEVÍNS DE VOLEIBOL
O Concello organiza o evento, que se celebrará o 17 de maio, co Club Narón Volea de Voleibol e a Federación Galega de Voleibol
Narón, 15 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, presentaron xunto co secretario xeral da Federación Galega de Voleibol, Ramón Baña e a secretaria do Club Narón Volea, Eva Romero, as fases finais do campionato autonómico alevín de voleibol. A cita con esta competición será o vindeiro luns, día 17, a partir das 9.30 horas, nos pavillóns municipais das Lagoas e da Solaina, donde se disputarán -sen asistencia de público- as categorías masculina e feminina, respectivamente. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asegurou que para o Concello “é un orgullo poder organizar este tipo de eventos deportivos nos que participan deportistas da nosa cidade e outros chegados doutros concellos de Galicia porque son tamén unha parte importante da aposta que dende o goberno local realizamos por fomentar o deporte”.
O secretario xeral da Federación Galega de Voleibol agradeceu o respaldo do Concello para “organizar as fases finais de alevíns na cidade e o feito de que se involucre en facilitarnos dúas instalacións municipais para poder desenvolver este evento, tendo en conta os tempos que estamos vivindo”. Ramón Baña destacou que desta fase final da competición sairá “o pequeño campión galego alevín que representará a Galicia no Campionato de España que se desenvolverá os días 18, 19 e 20 de xuño”. Así mesmo, indicou que “cada club participante traerá só un equipo, polo que competirán os mellores da categoría”.
A secretaria do club Narón Volea tamén agraceu a colaboración do Concello “máis aínda tendo en conta que tivemos moi pouco tempo para organizalo”.
Ferreiro e Oreona valoraron o traballo de base que se realiza dende hai moitos anos no Club Narón Volea de Voleibol e amosaron a súa satisfacción por colaborar neste evento deportivo xunto co citado club e a Federación Galega de Voleibol.



Últimas noticias
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
PRETO DUN CENTENAR DE PARTICIPANTES NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA
A ALCALDESA ENTREGOU AO CLUB BALONMÁN NARÓN A COPA DE CAMPIÓNS DE LIGA DE SEGUNDA AUTONÓMICA
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A SARA GUERRERO, CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DÚATLON
UN CENTENAR DE PILOTOS PARTICIPAN HOXE NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO CON SECTORES EN NARÓN E NOUTROS SETE CONCELLOS DA COMARCA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal