Novas
 
PRETO DE MEDIO CENTENAR DE PERSOAS MAIORES PARTICIPAN NAS SESIÓNS CON MONITORES NOS PARQUES BIOSAUDABLES DA ZONA URBANA E RURAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse onte ao parque de Freixeiro para ver unha das sesións que se levaron a cabo
Narón, 26 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse onte ao parque biosaudable de Freixeiro para asistir a unha das primeiras sesións celebradas con monitoraxe nestas instalacións e dirixidas a maiores da cidade. Ferreiro explicou que “en total participan corenta e cinco persoas nesta iniciativa, que é de balde e que se desenvolverá ata finais do vindeiro mes de xuño en oito parques biosaudables da cidade”.
As sesións, dunha hora de duración, comezaron onte nos parques de Xuvia e Freixeiro e continuaron pola tarde nos parques biosaudables de Pedroso e San Mateo, a partir das 16.00 e das 17.15 horas respectivamente. As seguintes terán lugar, tal e como avanzou Oreona, mañá en Sedes e Castro -10.00 e 11.15 horas, respectivamente- e o venres nos da Gándara e na Praza de Galicia -10.30 e 11.15-. Esas mesmas horas e ubicacións son as que se repetirán nas vindeiras semanas.
A rexedora local explicou que “requeríase un mínimo de asistentes e dos dezaoito parques finalmente realízase nos oito que se reuníu a ese grupo que se precisaba, se ben ás veciñas e veciños doutras parroquias e barrios da cidade que solicitaron participar e que estaban en zonas donde non se completaba o mínimo de asistentes, ofrecéuselles a posibilidade de que acudisen a outro parque da cidade, como así fixeron finalmente”.
“Trátase dunha iniciativa a través da que quixemos ofrecer unha nova actividade a un colectivo moi concreto, o das persoas maiores, fomentando que realicen deporte en grupo e que, a maiores, socialicen entre eles e saiban da man de profesionais como utilizar cada un dos equipos destes parques para sacarlles o máximo rendemento”, recalcou Ferreiro.



Últimas noticias
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
PRETO DUN CENTENAR DE PARTICIPANTES NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA
A ALCALDESA ENTREGOU AO CLUB BALONMÁN NARÓN A COPA DE CAMPIÓNS DE LIGA DE SEGUNDA AUTONÓMICA
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO A SARA GUERRERO, CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DÚATLON
UN CENTENAR DE PILOTOS PARTICIPAN HOXE NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO CON SECTORES EN NARÓN E NOUTROS SETE CONCELLOS DA COMARCA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal