Concello de Narón
Novas
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou que as persoas maiores de 16 anos que desexen participar poderán preinscribirse a partir do 8 de xuño
Narón, 4 de xuño de 2021. O concelleiro de Deportes, José Oreona, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga e pilates ao aire libre, concretamente no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia. “Trátase dunha actividade pensada para persoas maiores de 16 anos e na que se reunirá a un máximo de dez usuarias ou usuarios, precisando contar cun mínimo de sete inscritos para poder realizala”, indicou. As sesións programáronse de luns a xoves e en horario de 10.00 a 11.00. No caso do parque de Freixeiro os luns e mércores impartirase pilates e os martes e xoves ioga e no do paseo de Xuvia haberá ioga os luns e mércores e pilates os martes e xoves. O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes. As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. As preinscicións poderán realizarse dende o vindeiro martes, día 8, ata o 18 de xullo, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2503), en horario de 8.30 a 13.30.
www.naron.es