Concello de Narón
Novas
UN CENTENAR DE PILOTOS PARTICIPAN HOXE NA EXPERIENCIA MOTOTURISMO CON SECTORES EN NARÓN E NOUTROS SETE CONCELLOS DA COMARCA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse ás inmediacións da AVV do Val para presenciar a saída dos participantes
Narón, 19 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse a primeira hora desta mañá ás inmediacións do local social do Val con motivo da Experiencia Mototurismo que se desenvolve hoxe. Ferreiro reuniuse con representantes das empresas que coorganizan co Concello este evento, o Moto Clube A Peroxa e a firma Singletrack Galicia. Un centenar de pilotos participan nesta proba de navegación, roadbook e GPS na que tamén colabora a AVV do Val. Os pilotos saíron a partir das 8.00 horas das inmediacións do local social do Val para percorrer os 268 quilómetros dos tres sectores, que discurren por Narón e tamén polos termos municipais de Valdoviño, Cedeira, Ortigueira, Moeche, Cerdido, As Somozas e San Sadurniño. Ao longo do día os participantes realizarán dúas paradas obrigadas en dúas estacións de servizo localizadas no tramo para poder repostar e tamén comer e beber. Os sectores da Expetiencia Mototurismo son os de: Narón-Mera (Ortigueira), de 106 quilómetros; Mera-Moeche, 64 quilómetros e Moeche-Narón, de 97 quilómetros, que deberán percorrer para estar novamente nas inmediacións do local social do Val ás 19.00 horas como moi tarde para aspirar as premios establecidos para os tres mellores clasificados en cada unha das categorías. Os pilotos están localizados en todo momento ao levar nas motos unhas balizas coas que se garante a seguridade e, ao mesmo tempo, nas que constarán os resultados dos que se obterá a calificación final da proba, na que non se valora a rapidez senón o cumprimento da normativa de velocidade, que realicen o tramo pola ruta indicada… Nas inmediacións do local social do Val permanecerán expostos durante todo o día de hoxe unha moto do recoñecido piloto Eduardo Iglesias e un buggy de Rodamoto que participaron en diferentes edicións do Dakar. Ferreiro desexou sorte a todos os pilotos que participan nesta proba e destacou o traballo realizado dende a organización e a colaboración da AVV do Val “para poder celebrar hoxe este evento que tivo unha moi boa acollida, tal e como se constata polo feito de que participen pilotos procedentes de dez comunidades autónomas”. Marián Ferreiro e José Oreona asistirán tamén esta tarde, ás 20.00 horas, ao acto de entrega dos premios da Experiencia Mototurismo.
www.naron.es