Novas
 
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou os horarios nos que as instalacións estarán dispoñibles para nado libre
Narón, 14 de setembro de 2021. O Concello reabrirá o vindeiro xoves, día 16, a piscina polivalente do complexo polideportivo municipal da Gándara para nado libre. As instalacións permanecerán abertas de luns a domingo, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que explicou que se aproveitou o parón realizado para levar a cabo tarefas de mantemento.
De luns a venres a piscina estará aberta de 7.45 a 10.45 –en quendas de 45 minutos-; de 11.00 a 14.00 e, polas tardes, de 15.15 a 16.45 e de 20.45 a 22.15 horas. Entre o vindeiro xoves, día 16, e ata o 30 de setembro as instalacións tamén abrirán para baño libre de 17.00 a 20.45.
Nas xornadas dos sábados poderase acudir ás sesións de baño libre en horario de mañá e tarde, nas quendas establecidas entre as 8.30 e as 10.00 e tamén dende as 13.00 ata as 20.30 horas. Os domingos e festivos a piscina estará aberta todo o día, de 8.30 a 20.30 horas.
O edil naronés recordou que na actualidade se están levando a cabo tarefas de mantemento na piscina terapéutica, que precisaba dunha serie de intervencións. A reapertura destas últimas instalacións, tamén ubicadas no complexo polideportivo da Gándara comunicarase unha vez que rematen os citados traballos, tal e como apuntou Oreona.



Últimas noticias
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "XI CAMPIONATO DE TENIS DE MESA" PARA PERSOAS CON PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL
O MEMORIAL "ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA" CELEBRARASE O 12 DE DECEMBRO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal