Concello de Narón
Novas
A PISCINA TERAPÉUTICA DA GÁNDARA REABRIRÁ MAÑÁ PARA OS CURSOS DE GRUPOS DE NATACIÓN TERAPÉUTICA, DE BEBÉS E NADO LIBRE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que as instalacións reabren tras realizar obras de mantemento que precisaba esta piscina
Narón, 30 de novembro de 2021. A piscina terapéutica do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara reabrirá mañá para os cursos dos grupos de natación terapéutica, natación de bebés e nado libre. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, que indicou que a reapertura se leva a cabo tras rematar unha serie de obras de mantemento que se realizaron nas instalacións. Oreona indicou que abrirá durante todo o día e con respecto aos horarios explicou que se adaptarán á dispoñibilidade en cada momento, podendo consultarse os mesmos nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara. As persoas que están inscritas nos cursos de natación terapéutica e natación para bebés xa foron informadas telefonicamente da reapertura da piscina para comunicarlles o reinicio da actividade.
www.naron.es