Novas
 
OS PAVILLÓNS MUNICIPAIS DA SOLAINA E CAMPO DA SERRA ACOLLERÁN ESTE SÁBADO OS CAMPIONATOS GALEGOS DE VOLEIBOL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron o evento xunto co presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, e a secretaria do Club Narón Volea, Eva Romero
Narón, 19 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, presentaron esta mañá xunto con José Ángel Luna, presidente da Federación Galega de Voleibol, e Eva Romero, secretaria do Club Narón Volea, os Campionatos galegos que se desenvolverán este sábado, día 22, nos pavillóns municipais da Solaina e Campo da Serra. No evento –poderase asistir como público presentando certificado de vacinación da Covid-19- participarán medio centenar de equipos de diferentes clubs galegos, reuníndose na cidade uns 250 deportistas. As competicións desenvolveranse simultáneamente en ambas instalacións municipais en horario de 9.30 a 19.00 horas.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que a cidade se convirta un ano máis na sede deste campionato autonómico, reunindo en Narón a deportistas de clubs galegos e tamén a afeccionados a este deporte. “Queremos agradecer a confianza amosada pola Federación Galega de Voleibol e o traballo que realiza, ao igual que o Club Narón Volea, para convertir a Narón nun referente deste deporte a nivel autonómico”, subliñou.
A do sábado será a primeira proba do Campionato Galego benxamín, prebenxamín e a Copa Alevín, unha competición nova este ano a última, que marcará o inicio das probas do campionato galego este ano, disputándose as tres restantes nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
“Repetimos a organización destes campionatos en Narón porque tivemos moi boa experiencia nos anteriores e confiamos plenamente na organización do clube local e no apoio do Concello”, asegurou o presidente da Federación Galega de Voleibol.
A secretaria do Club Narón Volea avanzou que deportistas do club local participarán en todas as categorías deste campionato e destacou o apoio tanto do Concello como da Federación Galega de Voleibol.
Dende o goberno local, a alcaldesa e o edil de Deportes animaron á cidadanía a desfrutar do evento, que se desenvolverá baixo un estrito protocolo sanitario co fin de garantir a seguridade dos participantes e asistentes ao mesmo.




Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal