Novas
 
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento xunto co edil de Deportes, José Oreona e con Pablo Prieto e Abraham Yáñez, directivo e delegado en Ferrolterra respectivamente da Real Federación Galega de Fútbol
Narón, 28 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron esta mañá na cidade xunto con Pablo Prieto e Abraham Yáñez, directivo e delegado en Ferrolterra da Real Federación Galega de Fútbol, respectivamente, o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Feminino das seleccións Sub-19 e Sub-16. O Concello colabora neste evento deportivo, organizado pola Real Federación Española de Fútbol, e que conta tamén coa colaboración da RFGF. A rexedora local destacou a importancia de celebrar este evento deportivo na cidade e anunciou que se celebrarán a fase de grupos, semifinais e as dúas grandes finais na cidade, concretamente nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara do 2 ao 6 de maio.
“O Concello será novamente unha referencia do deporte durante esas xornadas, nas que todas aquelas persoas que se acheguen ao pavillón da Gándara terán a oportunidade de desfrutar da gran calidade do fútbol feminino e do excelente nivel dos grupos participantes, procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas”, apuntou Ferreiro.
Pola súa banda, o directivo da Real Federación Galega de Fútbol agradeceu a colaboración do Concello nesta convocatoria e recalcou que “sempre que vimos a Narón sentímonos como na nosa casa”. Así mesmo, destacou o feito de que dende o Consistorio naronés se convidase aos centros de ensino da cidade para que poidan presenciar algunha das xornadas matinais.
Ferreiro e Oreona animaron ás veciñas e veciños da cidade a acudir a esta convocatoria, con entrada de balde. Os horarios ao completo poden consultarse a través da web: www.futgal.es.



Últimas noticias
O PAZO DA CULTURA E O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLEN DENDE MAÑÁ O GRAND SLAM E O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LATINOS
A ALCALDESA E O PRESIDENTE DA FEBD DESTACARON O COMPROMISO DE NARÓN CO BAILE DEPORTIVO
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA ANDAINA DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" POLA RUTA DOS MUÍÑOS
A ALCALDESA VALOROU OS POSTOS ACADADOS POLOS DEPORTISTAS LOCAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LATINOS CELEBRADO NO PAVILLÓN DA GÁNDARA
ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS SESIÓNS DE IOGA NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal