Concello de Narón
Novas
PRESENTADA A VI EDICIÓN DA BTT CIDADE DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 4 DE SETEMBRO CON DÚAS RUTAS ALTERNATIVAS E PASO POR LUGARES EMBLEMÁTICOS DO CONCELLO
A saída será nas inmediacións do CC Odeón ás 9.30 horas e o percorrido contará con dous avituallamentos
Narón, 8 de Agosto de 2022.- Esta mañá no Concello, a alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con representantes do Club Ciclista Narón, Juan Manuel Sánchez, José Luis Fernández, María Ruíz e Diego Sánchez, e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron a VI edición da marcha cicloturista BTT “Cidade de Narón” que se celebrará o domingo día 4 de setembro con saída das inmediacións do CC Odeón ás 9.30 horas e chegada ao Pavillón polideportivo municipal da Gándara. As inscricións poderán realizarse ata o día 31 de agosto a través da páxina da Federación Galega de Ciclismo www.fgalegaciclismo.es. A organización espera acadar un número de participantes de ata 300 ciclistas que poderán escoller entre dous tipos de ruta: unha larga cun total de 42 Km. e outra máis curta cun total de 30 Km. Ó finalizar o percorrido, os/as ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo como aseos, etc. Os participantes nesta ruta cicloturista pasarán por algúns dos lugares emblemáticos do Concello como o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso. Un recorrido que de seguro será do gusto de todas as persoas participantes tendo en conta a persoas máis ou menos experimentadas nesta práctica deportiva Os representantes do Club Ciclista Narón agradeceron ao Concello e ao Padroado de Deportes o gran apoio a este evento deportivo desde o seu inicio e que xa se pode considerar consolidado dentro das actividades deportivas anuais da localidade. Tamén agradeceron a colaboración doutros patrocinadores privados para levar a cabo este programa deportivo cun carácter turístico que gaña adeptos/as en cada edición. A alcaldesa, Marián Ferreiro, felicitou á entidade deportiva polo traballo desenvolvido ao longo destas edicións nas que sempre vai a máis e reiterou o apoio do Concello no futuro. Así mesmo, o edil de Deportes felicitou ao Club Ciclista Narón vendo como en cada edición aumenta a afluencia de ciclistas que participan neste evento deportivo.
www.naron.es