Concello de Narón
Novas
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Ó CLUB TENIS DE MESA DE NARÓN
Veñen de acadar o ascenso á 1ª división nacional masculina.
Narón, luns 2 de xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, ofreceron hoxe unha recepción institucional ó Club Tenis de Mesa Narón por ter acadado o ascenso á primeira división nacional masculina de Tenis de Mesa. Os representantes municipais entregáronlle á directiva do clube unha praca conmemorativa do ascenso, e felicitáronlle por ter acadado este logro. O clube, pola súa parte, entregou ó alcalde unha camiseta do club e un cadro co anagrama do mesmo.
www.naron.es