Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE PIRAGÜISMO
Dispútase o sábado 14 de xullo en Xuvia, nas categorías de alevín e benxamín.
Narón, 11 de Xullo de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Piragüismo Narón, Antonio Castro, presentaron hoxe en rolda de prensa o II Campionato Galego de Piragüismo nas categorías de Alevíns e Benxamíns, que se desenvolverá o sábado 14 de xullo na ensenada de Xuvia. Esta proba contará coa participación aproximada de 400 piragüistas, procedentes de 27 clubes das catro provincias de Galicia. Unha cifra que veuse incrementada notablemente con respecto ó ano anterior, cando tomaron parte na proba 22 clubes galegos. O orzamento total deste campionato galego é de 6.500€. Está organizado polo Club de Piragüismo Narón, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón e a Asociación de Veciños Altea (Xuvia). A competición disputarase en horario de 13.15 a 17:30 horas, adaptándose así ó calendario de mareas. Tódolos participantes competirán na modalidade K1, realizando un percorrido de 1.500 metros que será visible dende tódolos puntos do Paseo Marítimo de Xuvia. As regatas iranse sucedendo cada 30 minutos, disputándose a última delas ás 15:45 horas. Haberá categorías masculinas e femininas, tanto en benxamín coma en alevín.
www.naron.es