Concello de Narón
Novas
O CONCELLO E O CLUB NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
Estará vixente durante este ano 2012.
Narón, 18 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e o presidente do Club Narón Balompé Piñeiros, Fausto Eduardo Rivera González, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre o Concello de Narón e o Club Narón Balompé Piñeiros, para a coordinación e promoción de actividades relacionadas co fútbol e as súas respectivas disciplinas. En virtude deste acordo, que ten vixencia dun ano (de xaneiro a decembro de 2012) o clube poderá utilizar o Estadio Municipal de Rio Seco, oi campo anexo ó mesmo, e o Campo de Fútbol de O Cadaval, para os entrenamentos e partidos do clube. A entidade recibirá un total de 55.000€ das arcas municipais.
www.naron.es