Concello de Narón
Novas
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Ó XOGADOR DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS DAVID MOURIZ
O naronés participou coa Selección Española nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012.
Narón, 27 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ó deportista naronés David Mouriz, por ter acadado unha praza para os Xogos Paralímpicos celebrados en Londres neste ano 2012. Mouriz formou parte da Selección Española de Baloncesto, que clasificouse no 5º posto dos Xogos Paralímpicos. Natural de Narón, o deportista xoga actualmente no equipo Anfiv de Vigo. Tanto o Alcalde coma a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o resto de representantes da Corporación Municipal felicitaron a David Mouriz, desexándolle moitos máis triunfos deportivos. José Manuel Blanco entregoulle ademáis unha praca conmemorativa desta data.
www.naron.es