Concello de Narón
Novas
CELEBRACIÓN DO XVI TROFEO DE BATEIS 'CIDADE DE NARÓN' NA ENSENADA DE A GÁNDARA
O sábado 30 de marzo, coa participación de máis de 250 regatistas de 15 clubs da zona norte.
Narón, 27 de Marzo de 2013.- O Club de Remo Narón organiza este sábado 30 de marzo a 5ª Regata da Liga Territorial Norte de Bateis, celebrando ó mesmo tempo o XVI Trofeo de Bateis ‘Cidade de Narón’ na Ensenada de A Gándara entre as 16:00 e as 20:00 horas. Está prevista a participación aproximada de 15 clubs da zona norte, contando coa presenza de arredor de 250-270 deportistas repartidos en equipos de catro remeiros e un patrón. Competirán equipos de tódalas categorías, tanto femininas como masculinas. Ademáis, para fomentar o deporte de base realizarase unha regata de alevins se as condicións climatolóxicas o permiten. Ao remate das regatas farase entrega de trofeos na Cervecería O Mariscador, contando coa presenza da Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente do Club de Remo Narón, Nacho Cabana Leiras.
www.naron.es