Concello de Narón
Novas
PARTIDO DE FÚTBOL SALA ENTRE O 'CIDADE DE NARÓN' E O 'BAKU UNITED FUTSAL'
Dispútase o sábado 13 de abril ás 17:00 horas no Polideportivo de A Gándara, con entrada de balde.
Narón, 2 de Abril de 2013.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá -o sábado 13 de abril ás 17:00 horas- un partido de fútbol sala entre os equipos Cidade de Narón e Baku United Futsal, con entrada de balde. O encontro foi presentado onte polo presidente do Cidade de Narón de Fútbol Sala, Miguel Rodríguez Aneiros, ó Alcalde de Narón, José Manuel Blanco. O Baku United Futsal é un equipo que xoga na 1ª división inglesa de fútbol sala, e está dirixido polo técnico galego Daniel Ladra. Realizará unha concentración en Viveiro –lugar natal do adestrador- entre os días 8 e 14 de abril, onde o club inglés agarda poder preparar o título de Liga nos Play Off da chamada Super League. O Baku United xoga o primeiro partido destos Play Off o día 7 de abril, xusto un día antes de por rumbo a Galicia, xa que despois terán 14 días ata poder disputar o seguinte encontro. Este evento conta co patrocinio do Concello de Narón e da emisora de radio Cadena Dial.
www.naron.es