Concello de Narón
Novas
PERTO DE 300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO XI TROFEO 'CIDADE DE NARÓN' DE KARATE POR EQUIPOS MIXTOS
Celébrase o sábado 20 de abril no Pavillón de Santa Icía, en horario de mañá.
Narón, 16 de Abril de 2013.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente da Escola Superior de Kárate de Narón, Gustavo Vázquez, presentaron hoxe en rolda de prensa o XI Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Karate por equipos mixtos. Este torneo se celebrará o vindeiro sábado 20 de abril no Pavillón Municipal “Campo da Serra” de Santa Icía, en horario de 10:30 a 14:30 horas. Está prevista a participación de case 300 karatekas procedentes de 13 clubs de Ferrolterra, Santiago e Lugo. Entre os equipos participantes figuran tres de Narón (Escola Superior de Kárate, A Solaina, e Santiago Apóstol), ademáis doutros da bisbarra (Ferrol, Mugardos, Ares, Fene), de Santiago e de Negreira. A Escola Superior de Kárate de Narón, entidade organizadora do evento, agarda que este campionato termine de consolidarse “e se converta nun trofeo de referencia no futuro” sinalou Gustavo Vázquez, quen agradeceu ó Concello e ó Padroado de Deportes o seu apoio incondicional. Os participantes competirán en equipos mixta, é dicir, que poderán formar grupos masculinos é femininos, nas seguintes categorías: Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, e Cadete. As idades dos participantes irán dos 7 ós 15 anos.
www.naron.es