Concello de Narón
Novas
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Ó EQUIPO ALEVÍN DE FÚTBOL DA SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL
Téñense clasificado para disputar o torneo internacional "Arousa Fútbol 7", no que competirán co Real Madrid, o Benfica de Oporto e o Celta de Vigo.
Narón, 25 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco ofreceu hoxe unha recepción institucional ó equipo alevín de fútbol da Sociedade Deportiva O Val, por terse clasificado para disputar o Torneo Internacional “Arousa Fútbol 7”. O equipo de fútbol 7 da S.D. O Val tivo que eliminar na súa categoría a outros 6 equipos, para conseguir unha das 4 prazas que estaban en xogo. Agora os seus rivais no “Arousa Fútbol 7” serán o Real Madrid, o Benfica e o Celta de Vigo. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, entregaron ós 15 xogadores de O Val unha equipación de fútbol completa (camiseta, pantalón e medias) coa que disputarán este torneo. Pola súa parte, os xóvenes futbolistas obsequiaron ó Alcalde e á Concelleira de Deportes con sendas bufandas e banderíns do clube. José Manuel Blanco felicitou ós xogadores pola súa traxectoria deportiva pero especialmente “porque vos representades o futuro de Narón, xa que simbolizades a unidade e o traballo en equipo. Pero tamén quero destacar outros valores que fomentades a través do fútbol, como son a convivencia e o compañerismo”, declarou o Alcalde. Na recepción de hoxe tamén estiveron presentes, por parte da S.D. O Val, o seu presidente, Javier Aneiros, o adestrador, Casto Mario Fernández Casal, e o segundo adestrador, Carlos Bellas. Os alevíns da S.D. O Val son actualmente campeóns da Liga Comarcal e da Copa –esta última a ganaron xogando contra o Racing de Ferrol-. Actualmente están xogando a fase provincial de A Coruña, e se a gañan, loitarán polo campionato galego.
www.naron.es