Concello de Narón
Novas
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA A 8ª CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' E AS III XORNADAS DE TURISMO ACTIVO
Celébrase do 31 de maio ó 2 de xuño. Consulte aquí o programa completo do evento.
Narón, 27 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, as Concelleira de Deportes e Turismo, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto respectivamente, e a directiva do Moto Club Fojeteiros presentaron hoxe en rolda de prensa a VIII Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ e as III Xornadas de Turismo Activo que se desenvolverán os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño no municipio naronés. Ata o de agora, a organización do Moto Club Fojeteiros ten contabilizadas xa perto de 100 preinscripcións, pero a cifra aumentará considerablemente o mesmo día do inicio da concentración, posto que as inscricións poden realizarse nese mesmo momento. O prezo é de 30 € e inclúe almorzo, xantar e cea durante os días da concentración. O programa deste ano é o seguinte: Venres 31 de maio (paseo marítimo de Xuvia) 18:00 horas: Inauguración e apertura de inscripcións. -Mercadillo moteiro. 21:00 horas: Cea para inscritos. 21:30 horas: Concerto de Grupos Noveis. -Concerto dos grupos Bus Brother Band e Riff Raff. Sábado 1 de xuño 10:30 horas: Apertura de inscripcións. -Mercadillo moteiro. 10:45 horas: Ruta mototurística por Narón e Valdoviño. 13:00 horas: Xantar na ruta. 17:00 horas: Exhibición acrobática de Paulo Martinho, no aparcadoiro de camións do polígono de Río do Pozo. 21:00 horas: Cea na carpa. 23:30 horas: Ruta das antorchas, pola Estrada de Castela. 00:30 horas: Conxuro e queimada, polo bruxo Xoán. Entrega de trofeos. 01:00 horas: Festa moteira con Disk Bus. Domingo 2 de xuño 10:00 horas: Almorzo moteiro. 10:45 horas: Ruta mototurística pola comarca. 14:30 horas: Xantar na carpa e sorteo de agasallos. 16:30 horas: Clausura. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, felicitou á directiva do Moto Club Fojeteiros polo esforzo que fan á hora de organizar esta concentración, que conta coa axuda de máis de 100 voluntarios do Moto Club Fojeteiros para que todo saia segundo o previsto. “Queremos que a cidadanía salga ás rúas a participar e contemplar esta festa da moto, especialmente na Ruta das Antorchas. Pero dende o Concello tamén queremos incidir na importancia de que a xente colabore coa organización, cumplindo e respetando as normas para que non haxa ningún incidente” sinalou a edil de Deportes. Cabe destacar que a Ruta das Antorchas realizarase na noite do sábado ó longo da Estrada de Castela, que estará pechada ó tráfico de 23:30 a 00:30 horas. Ademáis do Moto Club Fojeteiros, colaborarán na organización a Policía Local de Narón e Protección Civil. Na pasada edición, participaron nesta ruta 800 motos coas súas respectivas antorchas. A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, destacou a importancia da Concentración Moteira como revulsivo para o turismo en Narón, posto que o ano pasado acudiron perto de 12.000 persoas a participar ou a disfrutar deste espectáculo, no que agárdase a presenza de motoristas de toda España e mesmo de Portugal. “Estamos encantados de poder colaborar nunha concentración moteira cun programa destas características, e convidamos a tódalas persoas de Narón e da comarca a que acudan ó noso concello a disfrutar deste evento”, sinalou a edil. Ademáis do deporte e do turismo, a 8ª Concentración Moteira ten tamén un componente solidario. A maioría das actividades realizaranse nunha carpa de 1.500 m2 situada no paseo marítimo de Xuvia, na que se habilitará unha zona para a recollida de víveres, que a asociación Moteros Unidos entregará á súa vez a distintos Bancos de Alimentos.
www.naron.es