Concello de Narón
Novas
O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS PARA O FOMENTO DO ATLETISMO, O REMO, A XIMNASIA RÍTMICA E O TENIS DE MESA
O importe conxunto destos acordos de colaboración ascende a 44.500 euros.
Narón, 3 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración en materia deportiva cos seguintes clubes de Narón: -Club Atletismo Narón. Importe do convenio: 21.000€ (120 deportistas) -Club Acordes Narón. Importe do convenio: 10.000€ (80 deportistas) -Club Narón Volea. Importe do convenio: 6.000€ (100 deportistas) -Club de Remo Narón. Importe do convenio: 7.500€ (50 deportistas) O rexedor destacou o enorme esforzo que están a facer estes clubes co deporte de base, sumando entre os catro aproximadamente 350 deportistas. O importe total dos catro convenios asinados hoxe ascende a 44.500€, unha cifra que agárdase superar en anos futuros, toda vez que a situación económica mellore. José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, amosáronse orgullosos dos clubes deportivos de Narón, e do traballo que están a facer dentro e fora das nosas fronteiras.
www.naron.es