Concello de Narón
Novas
O ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA O VI TORNEO INTERNACIONAL 'CIDADE DE NARÓN' DE FÚTBOL BASE
Participarán 8 equipos alevín e 6 benxamín, entre eles o F.C. Porto, o Atlético de Madrid e o Athletic de Bilbao.
Narón, 10 de Xuño de 2013.- O Estadio Municipal de Rio Seco acollerá este fin de semana (15 e 16 de xuño) o VI Torneo Internacional ‘Cidade de Narón’ de Fútbol Base, nas categorías Alevín e Benxamín, coa participación dos seguintes equipos: ALEVÍN: -F.C. Porto. -Club Atlético de Madrid. -Athletic Club de Bilbao. -Real Oviedo. -Narón Balompé Piñeiros. -S.D. O Val de Narón. -S.C.D.R. Galicia de Caranza. -Escola de Fútbol Amistade. BENXAMÍN: -Narón Balompé Piñeiros. -S.D. O Val de Narón. -Montañeros C.F. -F.C. Ortigueira. -C.D. As Pontes. -C.C.R.D. Perlío. Este torneo está organizado polo club Narón Balompé Piñeiros, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón, e a Concellería de Turismo. O director deportivo do Torneo, Carlos Castro, destacou a importancia dun evento destas características “que é punteiro na comarca, e que ademáis contribúe a xerar ilusión, que fai moita falta nestes momentos de pesimismo a nivel social, debido a crise económica que estamos a atravesar”. A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, indicou que nos dous días do torneo pasarán por aquí máis de 3.000 persoas, cos beneficios que esto supón para o sector hosteleiro. Ademáis, agárdase unha cifra moi alta de ocupación hoteleira, posto que 4 dos equipos participantes son de fora da comarca, polo que pernoctarán en Narón. “Dende aquí quero animar a tódalas persoas de Narón e comarca a acudir a presenciar os partidos” declarou Natalia Hermida, ó tempo que agradeceu ó Narón Balompé Piñeiros o traballo que está a facer “na organización dun torneo tan importante a nivel deportivo como é este”. O prezo das entradas será o seguinte: -Nenos/as ata 10 anos de idade: gratis -De 10 a 18 anos: 1 euro -Maiores de 18 anos: 5 euros A organización sorteará balóns e camisetas firmados por xogadores de fútbol de 1ª división. O torneo estará amenizado por un coñecido speaker do mundo deportivo, e ademáis será retransmitido pola TVG 2. Os partidos disputaranse entre o sábado 15 e o domingo 16, en horario de mañá e de tarde. Ademáis, haberá unha presentación pública dos equipos que participan neste torneo, o sábado 15 de xuño no Hotel Husa Odeón (ás 21:30 horas), segundo comentou o responsable da organización do Torneo, Juan Ramos. Nos descansos entre partidos, o VI Torneo Internacional de Fútbol Alevín e Benxamín estará amenizado por Eva Castro, gañadora do Concurso de Monólogos en Lingua Galega ‘Que me dis!’ organizado polo Concello de Narón. (Adxúntase calendario dos partidos)
Descarga de archivos
Calendario do VI Torneo 'Cidade de Narón' de fútbol base
Tamaño:298,95 KB
www.naron.es