Concello de Narón
Novas
SINATURA DUN CONVENIO CO CLUB BALONMÁN NARÓN PARA A PRÁCTICA DESTE DEPORTE
Narón, 21 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona Bra, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o fomento desta práctica deportiva durante o ano 2013. En virtude deste convenio, o Concello achegará un total de 8.000€ para que o club poida desenvolver actividades relacionadas co Balonmán. A práctica deportiva desenvolverase no Pavillón de A Gándara e no Pavillón Campo da Serra, en Santa Icía.
www.naron.es