Concello de Narón
Novas
O ALCALDE ENTREGA Ó CLUB NARÓN VOLEA A BANDEIRA DE NARÓN COA QUE DESFILARÁN NOS XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO
As xogadoras do equipo feminino de voleibol participan este fin de semana na 10ª edición destos xogos, que se celebran en Guimaraes (Portugal).
Narón, 27 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e unha representación dos grupos políticos municipais (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Gonzalo Iglesias –PP-, Mario Isasi –PSOE-, Teresa Sabio –BNG- e María Rodríguez Porto –CG) ofreceron unha recepción institucional ó equipo de voleibol feminino do Club Narón Volea. O rexedor entregoulles a bandeira de Narón, coa que desfilarán na xornada inaugural dos 10º Xogos do Eixo Atlántico, que terá lugar o 30 de xuño na localidade portuguesa de Guimaraes. Esta é a primeira vez que Narón participa nos Xogos do Eixo Atlántico, logo da súa incorporación como membro de pleno dereito neste ano 2013. A expedición que viaxará a Portugal estará formada por 8 xogadoras (das categorías infantil, cadetes e xuvenil) de 13 a 16 anos, e 3 adultos (entrenador e delegados). O calendario de partidos que disputará o Club Narón Volea é o seguinte: -Domingo 30 de xuño (16:00 horas): Coruña-Narón -Luns 1 de xullo (16:00 horas): V.N. Famaligao-Narón -Martes 2 de xullo (12:00 horas): Gaia-Narón -Martes 2 de xullo (18:00 horas): Matosiño-Narón O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que esta é a primeira vez que un club deportivo vai representar a unha cidade a nivel internacional, motivo polo cal expresou o seu orgullo. “Ides lucir a bandeira de Narón, que leva a cor azul institucional e as chaves do mosteiro de Cluny, que son o noso emblema. Deséxovos sorte e que disfrutedes” engadíu. Tódolos representantes políticos desexáronlle ás deportistas os maiores éxitos posibles, pero por riba de todo que disfrutasen a experiencia.
www.naron.es