Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS, ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DE NARÓN
A documentación pode recollerse nas oficinas do Complexo Polideportivo de A Gándara, ou descargarse nesta páxina. O prazo para presentala no Rexistro do Concello finaliza o 30 de xullo.
Narón, 3 de Xullo de 2013.- O Concello de Narón abriu o pasado luns 1 de xullo o prazo para solicitar as subvencións para asociacións, entidades e clubs deportivos de ámbito municipal. As solicitudes poderán retirarse nas oficinas do Servizo de Deportes (situado no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara) en horario de 9:00 a 13:00 horas. Tamén poden descargarse da páxina web do Padroado de Deportes de Narón (www.padroadodeportesnaron.com), no apartado “Subvencións deporte 2013”. En ambos casos, as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo remata o día 30 de xullo. Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación: -Instancia de solicitude (cos datos da entidade e os do/a seu representante). -Memoria da actividade. -Declaración xurada de solicitude e obtención doutras subvencións. -Declaración de ter presentada a documentación no Rexistro Xeral de Asociacións do Concello. -Autorización de obtención de datos da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da Axencia Tributaria. -Orzamento de gastos e ingresos totais da entidade. - Fotocopia da tarxeta do CIF. -Certificación de datos bancarios. -Certificación do acordo de solicitude de subvención e do nomeamento de representante. O importe total destas subvencións é de 30.000 euros, ó igual que na convocatoria do ano 2012.
www.naron.es