Concello de Narón
Novas
'DEPORNARÚA 2013' CELÉBRASE O DOMINGO 15 DE SETEMBRO NA PRAZA DE GÁNDARA PARK E ARREDORES
Haberá actividades deportivas na praza de Gándara Park e arredores, dende as 10:00 ata as 14:00 horas.
Narón, 11 de Setembro de 2013.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de convocar unha xornada de deporte na rúa “DeporNarúa 2013” que se desenvolverá o domingo 15 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na praza Gándara Park e arredores. Así, dende o Padroado de Deportes do Concello de Narón promoveranse as seguintes actividades –todas de carácter gratuito-: -Baloncesto 3x3 -Tenis de mesa -Tiro con arco -Patinaxe e Free-style -Spinning e Power Pump -Judo e Kick-Boxing -Xogos populares -Inchable -Parque Biosaludable -Remo Para poder desenvolver tódalas actividades na praza de Gándara Park e arredores, a Policía Local ten deseñado un dispositivo de tráfico segundo o cal quedará prohibido o estacionamento na rúa Nicasio Pérez en horario de 8:00 a 14:30 horas. Asimesmo, estará prohibido estacionar e circular nas rúa Mendiño, rúa Pintor SotoMaior (no tramo comprendido entre Nicasio Pérez e Mendiño) e na rúa Vigo (nos mesmos tramos que o anterior), no mesmo horario. DeporNarúa 2013 conta coa colaboración da Agrupación Deportiva Santiago Apostol, o Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón, Arco Narón, Judo Club Narón, Kick-Narón, Sobre Rodas, Beni Gym, Sedega, ONG Lena e Coca-Cola. En caso de choiva, as actividades suspenderanse ata novo aviso.
Más fotos de la noticia
www.naron.es