Concello de Narón
Novas
A CONCELLERÍA DE DEPORTES REALIZA OBRAS DE MELLORA NO XIMNASIO DO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
Durante o pasado verán, tense reformado o chan e o falso teito desta instalación deportiva.
Narón, 4 de Outubro de 2013.- A Concellería de Deportes de Narón dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de realizar durante o pasado verán diferentes obras de mantemento e mellora das instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, por importe total de 29.480,44€. A maior parte da inversión procede de fondos municipais do Concello de Narón, agás unha aportación de 4.603,15€ da Deputación de A Coruña, que supón tan só o 15% do total. As obras realizadas son as seguintes: -Reparación e reposición do falso teito do Ximnasio do Pavillón Polideportivo (22.276,10€). -Reforma do chan do Ximnasio (6.969,60€). -Instalación de cortinas no Ximnasio (234,74€). Por outro lado, e coincidíndo co inicio da temporada 2013/2014, o Padroado de Deportes ven de ofertar unha nova actividade deportiva, que se engade ás xa existentes: clases de Pilates. Haberá dous grupos, nos seguintes horarios: -1º grupo: martes e xoves, de 20:00 a 21:00 horas. -2º grupo: martes e xoves, de 21:00 a 22:00 horas. A cuota desta actividade é de 17,05€/mes. Para máis información, pódese acudir ás oficinas do Padroado de Deportes (situadas no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara).
www.naron.es