Concello de Narón
Novas
XVI TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA 'CIDADE DE NARÓN' NA MODALIDADE DE CONXUNTOS FEDERADOS
Está organizado polo Club Acordes Narón, e agárdase a participación de 70 ximnastas de Galicia.
Narón, 5 de Decembro de 2013.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acolle o domingo 8 de decembro (de 12:30 horas en adiante) o XVI Torneo de Ximnasia Rítmica ‘Cidade de Narón’ na modalidade de conxuntos federados. Este trofeo está organizado polo Club Acordes Narón, e conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón. A relación de clubs participantes é a seguinte: Escola Acordes de Oleiros, Esquío Ferrol, María Barbeito de A Coruña, Club Rías Baixas de Vilagarcía, e Club Acordes Narón. En total está prevista a participación aproximada de 70 ximnastas, das seguintes categorías: benxamín, alevín, infantil, junior e senior. Esta proba será unha posta a punto para tódalas participantes, que acudirán ó Campionato de España o vindeiro fin de semana en Granada.
www.naron.es