Concello de Narón
Novas
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR EN DEPORNADAL 2013
Ofrécense ata 11 deportes diferentes, para nenos/as de 6 a 12 anos empadroados en Narón. Os interesados poden anotarse no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara ata o día 18 de decembro.
Narón, 10 de Decembro de 2013.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de ocio deportivo Depornadal 2013, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos de idade empadroados en Narón e de carácter gratuito. Trátase dunha alternativa de ocio saudable para as vacacións do Nadal, pensada tamén para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, tal e como indicou a edil de Deportes. Depornadal 2013 desenvolverase nas seguintes datas: 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2013, e 2 e 3 de xaneiro de 2014. Neste programa están incluídas un total de 11 disciplinas deportivas: Tenis de Mesa, Tiro con arco, Natación, Judo, Balonmán, Voleibol, Padel, Fútbol-sala, Baloncesto, Patinaxe e Atletismo. Cada día realizaranse dúas actividades diferentes de unha hora e media de duración (de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00 horas) en función do número de inscritos. O horario será sempre de mañá. Os lugares nos que se desenvolverán as actividades deportivas serán os seguintes: Polideportivo de A Gándara, Pavillón da Mocidade, School Padel Center, e San Mateo Centro de Pádel. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe e ata o día 18 de decembro –incluído- no Complexo Polideportivo de A Gándara (polas mañás nas oficinas de 9:00 a 13:00 horas e polas tardes na conserxería de 15:15 a 23.00 horas). A orde e o lugar das actividades poderase consultar na páxina web do Padroado de Deportes do Concello de Narón e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón a partires do 20 de decembro. Os participantes deberán traer roupa axeitada para a práctica deportiva (como tenis e chandal). Ademáis, no caso da Natación deberán saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas. E para o Patinaxe, deberán traer patíns. Depornadal 2013 conta coa colaboracións dos seguintes clubes deportivos: Club Cidade de Narón, Club Arco de Narón, A.D. Náutico de Narón, Club Narón Volea, Club Tenis de Mesa de Narón, School Padel Center, San Mateo Centro de Padel, A.D. Santiago Apóstol, Judo Club Narón, Atletismo Narón, e Sobrerodas Patinaxe.
www.naron.es