Concello de Narón
Novas
PARTIDO DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO A BENEFICIO DE CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE NARÓN
Enfrentará ó Club Cidade de Narón coa Selección Galega, o sábado 4 de xaneiro no pavillón de A Gándara. A entrada é un kilo de alimentos.
Narón, 17 de Decembro de 2013.- O Pavillón de A Gándara acollerá o sábado 4 de xaneiro de 2014 un Partido Solidario de Fútbol Sala, entre o Cidade de Narón e a Selección Galega. Organizado polo club Cidade de Narón de Fútbol Sala, conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia, e Cáritas Interparroquial de Narón. Hoxe foi presentado en rolda de prensa este evento deportivo, que ten como finalidade recadar alimentos a beneficio de Cáritas, que serán doados a familias necesitadas do municipio. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participou nesta comparecencia ante os medios, acompañado da directiva do clube Cidade de Narón: Tomás Llao (director deportivo), Moncho Padín (secretario) e Miguel Rodríguez Aneiros (presidente). A entrada para esta competición deportiva consistirá na doación dun kilo de alimentos, que se destinarán a Cáritas Interparroquial de Narón. “Hai moita xente que o está a pasar mal e nos queremos axudar na medida das nosas posibilidades, a que teñan unha navidade un pouquiño mellor” comentou Tomás Llao, director deportivo do Cidade de Narón. O Alcalde tamén fixo un chamamento á poboación de Narón e comarca “para que asista a este partido, no que ademáis de pasar un bo rato vendo deporte, podemos axudar a quen máis o necesita” declarou José Manuel Blanco. O partido entre o Cidade de Narón e a Selección Galega de Fútbol Sala comenzará ás 18:30 horas, pero antes disputaranse outras competicións: 16:00 horas: Cidade de Narón Prebenxamín “A” vs “B” 16:30 horas: Cidade de Narón Benxamín “A” vs “B” 17:00 horas: Cidade de Narón Alevín vs Infantil 18:30 horas: Cidade de Narón vs Selección Galega
www.naron.es