Concello de Narón
Novas
CELEBRACIÓN DO XIV TROFEO DE TENIS DE MESA 'CIDADE DE NARÓN'
A cita disputouse no Pavillón Polideportivo de A Gándara, coa participación de máis de 200 deportistas.
Narón, 2 de Xaneiro de 2014.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acolleu, os días 28 e 29 de decembro de 2013–de 9:00 a 21:00 horas- o XIV Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’. Aproximadamente 250 deportistas déronse cita neste torneo, que estivo organizado polo Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, en colaboración co Concello de Narón e o Padroado de Deportes.
www.naron.es