Concello de Narón
Novas
O ALCALDE OFRECE UNHA RECEPCIÓN Á XOGADORA DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL SALA LIDIA MESÍAS
A naronesa foi elexida Mellor Deportista do Ano na 25ª edición da Gala do Deporte de Narón.
Narón, 8 de Xaneiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de ofrecer unha recepción institucional á xogadora da Selección Española de Fútbol Sala Lidia Mesías, elixida Mellor Deportista do Ano na 25ª edición da Gala do Deporte de Narón. O Alcalde estivo acompañado pola Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e ambos felicitaron á deportista naronesa polos éxitos acadados ata o momento na súa brillante traxectoria deportiva.
www.naron.es